Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Colectivo Precarios Galicia

O goberno español rexeita regulamentar a situación dos investigadores

Os bolseiros non teñen prestación por desemprego, xubilación, riscos laborais, vacacións...

Redacción - 12:50 13/07/2008

O colectivo Precarios Galicia, dependente da Federación de Jóvenes Investigadores denuncia a precariedade das condicións laborais de miles de investigadores e lembra que a proposta de lei que os quitaría de esta situación está pendente de ser debatida no Congreso dende 2003. No seu manifesto revelan que a I+D está na cola das prioridades do executivo español.

En novembro de 2003 o Parlamento Andaluz presentou unha Proposición de Lei para debater o texto da Lei Xeral da Seguridade Social e así protexer os dereitos dos investigadores e garantir a súa contratación.

Esta proposición pretende unha modificación da antedita lei de xeito que todos os titulados que exerzan tarefas de investigador estean inscritos no réxime xeral da Seguridade Social. No seu momento, a iniciativa proposta por IU contou co apoio do PSOE -daquela na oposición- e da meirande parte dos grupos parlamentarios, e quedou pendente de debate para abril de 2006. Pasados os tres anos, os socialistas conseguiron un aprazamento para evitar que se debatera no Congreso e actualmente é a proposición de lei máis antiga que espera ser debatida.

O ministerio de Ciencia e Innovación, responsábel da situación laboral dos investigadores, prepara unha nova lei de ciencia para o ano próximo, mentres os científicos ven como cada día seguen a convocarse bolsas para investigación que vulneran os seus dereitos laborais básicos (cunha bolsa non hai dereito a xubilación, nin riscos laborais, nin prestación por desemprego, nin axudas a nais traballadoras, nin vacacións...)

A proposición de lei é unha oportunidade para rematar coa precariedade laboral e dignificar o traballo do investigador, posto que aínda hoxe son moitos os que carecen dos dereitos laborais mínimos. A súa situación quedaría parcialmente resolta gracia a aprobación desta PL, que garantiría o dereito a xubilación e a prestación por desemprego para todos os investigadores.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: