Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VIOLENCIA MACHISTA

Só o 4,6% das mulleres maltratadas obtén unha orde de protección

Cando se cumpren tres anos da lei integral contra a violencia de xénero, o goberno destaca os avances e as ONG's reclaman máis medidas.

Redacción - 10:45 12/07/2008

As estatísticas son obstinadas e, ano tras ano, o número de mulleres asasinadas a causa da violencia de xénero aumenta. En 2007 morreron 74 e máis de 600.000 foron vítimas de ataques machistas no estado español.

Dende o goberno felicítanse dos avances conseguidos grazas a esta lei, se ben non queren caer nun irreflexivo optimismo. Segundo a Ministra de Igualdade, Bibiana Aído, cada vez son máis as mulleres que conseguen saír da violencia, aumentou o número de denuncias nun 72% e rexistrouse un aumento considerable das penas ditadas por delitos vencellados coa violencia de xénero.

Os outros datos
Mentres, Amnistía Internacional pon o acento sobre outras estatísticas. Do conxunto de mulleres maltratadas, só o 6,2% solicitaron o pasado ano unha orde de protección, que, ademais, só obtiveron o 4,6%. Ademais, o número de mulleres asasinadas que contaban cunha orde de protección en vigor aumentou nos últimos tres anos (dende 5 en 2005 ata 12 en 2007). Pero os datos non rematan aí, as causas arquivadas ou sobreseídas aumentaron case nun 200%, polo que a implantación de xulgados especializados en violencia sobre a muller non deparou os resultados agardados.

Amnistía Internacional asegura que a lei tivo pouco impacto en aspectos como a atención sanitaria, a asistencia letrada ou a equidade territorial. Igualmente, pide que se destine á aplicación da lei máis recursos económicos, xa que o orzamento diminuíu nos últimos anos, e que se adique máis policía á protección das vítimas.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: