Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Comeza un curso na FACULTADE DE MATEMÁTICAS

Os camiños da Bioinformática a estudo

Durante cinco días, analizaranse as aplicacións das novas tecnoloxías no desenvolvemento, por exemplo, de novos fármacos.

Redacción - 11:00 14/07/2008

Este luns arranca na Facultade de Matemáticas de Compostela un curso de verán sobre bioinformática. Durante 30 horas lectivas, repartidas en cinco xornadas consecutivas, estudarase como a informática pode contribuír a realizar estudos xenéticos e a crear novos fármacos.

O curso da USC, dirixido por Xosé Antonio Álvarez Dios, está cofinanciado pola Facultade de Matemáticas, o Instituto de Matemáticas da universidade e mais a Rede Galega de Bioinformática.

As conferencias do curso serán impartidas maioritariamente por profesores, técnicos e investigadores da propia universidade compostelá, e tratarán temas como xenética, ferramentas informáticas, novos avances na materia e experiencias prácticas.

Tamén se desenvolverán catro obradoiros: de análises de datos de microarrays, de estudos de asociación xene candidato, de introdución ao deseño de fármacos e de ferramentas de clasificación.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: