Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
IX EDICIÓN DA TRAVESÍA A NADO

170 nadadores cruzan este domingo a Ría de Vigo

A proba chega á súa novena edición no seu momento de maior éxito, cunha elevada afluencia de afeccionados e federados de diferentes idades.

Redacción - 10:45 24/08/2008
Vista aérea da ría de Vigo

Vista aérea da ría de Vigo

A IX edición da Travesía a Nado arranca este domingo 24 da praia moañesa do Con ás 11:30 da mañá. Espérase que esta edición sexa un éxito, xa que o Real Clube Náutico de Vigo pechou as inscricións un día antes do prazo previsto, porque a esa altura xa estaban cubertos os lugares dispoñíbeis.

A travesía presentouse o pasado día 20, no propio Clube Náutico. Ao acto acudiron Franco Cobas, presidente do Náutico de Vigo, Xavier Alonso, concelleiro de deportes de Vigo e Daniel Rodas, concelleiro de mar de Moaña, entre outros persoeiros.

Brión buscará bater o recorde de Meca

Os 170 nadadores e nadadoras cubrirán os 3'7 quilómetros que os separan da dársena interior do Real Clube Náutico, onde se colocará a meta. Buscarán rebaixar os recordes vixentes que pertencen a David Meca (44:58.56 ) en categoría masculina e Aída Valiño (50:06:08) na feminina.

Entre os que tratarán de rebaixar estas marcas está Iván Brión, actual campión estatal de 5.000 e 10.000 metros na categoría júnior. O de Ribeira xa rematou terceiro na categoría absoluta do ano pasado, cun tempo de 46:15.18, polo que non sería unha sorpresa que este ano rebaixara a marca de Meca.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: