Persoal de mantemento atopouno este sábado no interior dunha pota. Non explotou debido a un fallo no sistema de iniciación.
Imaxe do almacén onde apareceu o explosivo
A Policía está a investigar os feitos relacionados coa aparición dun artefacto explosivo nunha empresa louseira situada na localidade de Vilamartín (Valdeorras).
Fontes da delegación do goberno español en Galiza confirmaron que persoal de mantemento atopou o artefacto no interior dunha pota e que non explotou debido a un fallo no sistema de iniciación.