O presidente da República de Chipre e o líder da República Turca de Chipre do Norte (só recoñecida por Turquía) xúntanse en Nicosia.
Os dirixentes grego-chipriota e turco-chipriota iniciaron esta cuarta feira en Nicosia unha histórica xuntanza que poñan as bases dunha nova negociación co fin de reunificar a illa.
Chipre ingresou na UE en 2004 e permanece dividida dende hai 34 anos cando a invadiu Turquía logo dun breve golpe militar en Nicosia instigado por Grecia.
O encontro entre Demetris Christofias, presidente da República de Chipre, e Mehmet Ali Talat, líder da República Turca de Chipre do Norte (só recoñecida por Turquía), ten lugar na zona intermedia de Nicosia controlada pola ONU.
O ingreso de Turquía na UE, en xogo
Precisamente a xuntanza organízase logo de fracasar o plan de Nacións Unidas, aprobado polos chipriotas turcos, mais rexeitada pola parte grega en abril de 2004, e que levou ao ingreso dunha Chipre dividida na UE.
Turquía, que ten despregados arredor de 35 mil efectivos militares na parte norte, xoga moito nestas conversas, xa que o seu ingreso no grupo dos Vintesete depende en grande medida da resolución deste conflito.