Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A LUZ NECESARIA

A memoria dos galegos represaliados pola ditadura resoará na Audiencia Nacional

Cultura anunciou que lle vai enviar a Garzón un informe con datos de 14.600 perseguidos. O estudo tamén localiza 26 foxas e 11 lugares da costa onde se fondearon cadáveres.

Redacción - 16:00 03/09/2008

“De inmediato”, así o anunciou a conselleira de Cultura, Ánxela Bugalo. O departamento da Xunta ten previsto remitirlle esta mesma semana á Audiencia Nacional un censo de vítimas da represión franquista en Galiza. O listado que elaborou no seu momento a consellaría conta con datos de máis de 14.600 persoas represaliadas (3.588 delas foron asasinadas). Ademais, Cultura tamén anunciou que poñerá a disposición do xuíz Baltasar Gazón un mapa con 305 “lugares de represión”. Este documento localiza 26 foxas e 11 lugares da costa onde se fondearon cadáveres.

A documentación que partirá cara Madrid nos vindeiros días é froito dun traballo, 'As vítimas, os nomes, as voces, os lugares' que no seu momento impulsou a Consellaría de Cultura e no que participaron as tres universidades do país. Bugallo lembrou que "o único xeito de poder xulgar a verdade é coñecéndoa". Á mesma vez, a conselleira dixo que, contra o que algúns sosteñen, a verdade "non ten que facerlle mal a ninguén". Con este movemento, a Xunta dá un importante paso para constribuir ao proxecto de Baltasar Garzón, que pretende elaborar un censo estatal de desparecidos logo do golpe militar de 1936.

O coordenador do traballo histórico, o profesor Lourenzo Fernández Prieto, lembrou que o estudo sobre a represión en Galiza aínda non rematou e que polo de agora a documentación concéntrase no período 1936-39. Porén, xa se traballa na represión dos anos posteriores. Neste senso, a conselleira insistiu na necesidade de que outros departamentos da Administración galega colaboren para esclarecer o acontecido.


4,88/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: