 
 
O país asiático xa sufrira en marzo un ataque semellante, que fora reivindicado daquela por Al Qaeda.
Un atentado con coche bomba a carón da embaixada dos EUA no Iemen provocou a morte de 14 persoas, entre elas seis soldados iemenís. Segundo informaron fontes das forzas de seguridade, entre os falecidos tamén están catro dos atacant  á delegación, ademais de peóns que pasaban pola zona.
Iemen está a sufrir nos últimos meses unha racha de atentados de Al Qaeda, que lles afectaron á embaixada estadounidense, á misión italiana e a turistas occidentais. O goberno do país, onde naceu  Bin Laden, colabora co de Estados Unidos en labores de seguridade e intelixencia.
O anterior ataque contra a embaixada do país norteamericano producírase en marzo. Daquela, Al Qaeda reclamara a autoría, que non chegara a afectarlle ao edificio mais si provocara a morte dun policía da delegación. Os EUA decidiron en abril retirar o persoal non esencial da embaixada.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto