Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
18 E 19 DE SETEMBRO NO CONSELLO DA CULTURA

Artes visuais e identidade, a debate no Consello da Cultura

No foro participarán expertos como o profesor canadiano Serge Guilbaut ou Guillermo Solana, conservador Xefe do Museo Thyssen-Bornemisza.

Redacción - 09:00 18/09/2008

Este foro pretende estudar a situación da cultura contemporánea desde o punto de vista das artes visuais. A través da intervención de artistas, críticos, comisarios, xornalistas e directores de museos trátase de ofrecer un panorama da relación
que existe no presente entre a produción artística e a industria da cultura, así como unha análise da forma en que o contexto político, económico e social está a configurar as características de ambas as actividades nos últimos tempos.

As xornadas abriranse o xoves 18, ás dez da mañá, coa intervención de Serge Guilbaut, profesor de Historia da Arte na University of British Columbia de Vancouver. Cada relator será continuado por dous retrucantes, expertos tamén na materia, e entre eles e o público asistente ao Consello da Cultura estabelecerase un debate. Na xornada do xoves falarán tamén o comisario Juan de Nieves, o arquitecto Alfonso Penela, Gloria Picazo, directora do Centre d'Art la Panera (Lleida), as artistas e profesoras Marisa Núñez e Silvia García. O debate da tarde centrarase nos medios de comunicación, coa presenza de Camilo Franco, Antón Lopo e o profesor Miguel Anxo Rodríguez.

O venres destaca a presenza, ás doce e media, de Guillermo Solana, Conservador Xefe do Museo Thyssen-Bornemisza, que será retrucado por Manuel Segade (CGAC) e o comisario Pedro de Llano. No resto da xornada participarán as artistas Pedro G. Romero, Carme Nogueira e Chiu Longina, e os comisarios Ángela Molina, Alberto Sánchez Balmisa e Pablo Fanego.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: