Malia que o motor de buscas de Google é o líder absoluto a nivel mundial (60% do mercado en Estados Unidos, 80% na Unión Europea e 98% no estado español) aínda existen recunchos da Terra que se lle resisten.
Google non é aínda o rei do mundo
Os usuarios de Rusia, China, Xapón, Corea e a República Checa elixen outras alternativas ao xigante americano como Yandezx, Seznam, Baidu ou Naver.
Así, os rusos decántanse polo moi sinxelo Yandex (cuxo nome, "Yet Another Indexer", se pode traducir como "un controlador máis") que ten unha cota de mercado do 46% e na República Checa o líder é Seznam que segundo Alexa acada o posto 195 entre as páxinas máis visitadas.
Na China o buscador máis utilizado é Baidu, que acumula o 60% do tráfico de buscas, o que a converte na undécima páxinas máis visitada do planeta. E é que a Baidu chámano precisamente o "google chinés" xa que compite de modo directo co xigante norteamericano, ofrecendo un completo servizo de novas e introducíndose no mercado xaponés.
E, precisamente, no Xapón, o liderado en buscas é para Yahoo Japan, con máis do 50% de cota de mercado, mentres que en Corea do Sur quen domina é o Naver, co 60% da audiencia.
FWWWRANDO