Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cunha nova providencia

Garzón pide información sobre os Tribunais Republicanos e os seus arquivos

Tamén insiste ante a Conferencia Episcopal, pedíndolle colaboración. Nuns días declarará se é competente ou non para investigar os feitos denunciados.

Redacción - 17:50 25/09/2008
Listaxe de desaparacidos de Cantabria / Imaxe: ARMH

Listaxe de desaparacidos de Cantabria / Imaxe: ARMH

O xuíz da Audiencia Nacional, Baltasar Garzón, emitiu este xoves unha nova providencia na que pide máis información para coñecer o paradeiro das case 200 mil vítimas da Guerra Civil, cuxos nomes e posíbeis paradeiros lle fixeron chegar varias asociacións da memoria histórica e de familiares de desaparecidos.

No escrito, o maxistrado estende a súa petición a diferentes organismos estatais, entre eles os Tribunais Republicanos de Madrid, creados "durante a defensa da capital de España na Guerra Civil (Xulgado de Urxencia, Xulgado Especial da rebelión militar, Tribunal especial de Espionaxe e Alta Traizón e os Tribunais/Xulgados Populares)". Garzón adoptou esta decisión despois de que o director do Arquivo Xeral da Administración lle comunicase que a información que lle tiña reclamado a comezos de setembro, atopábase en fondos documentais de nove institucións distintas.

Vólvelle exixir información á Conferencia Episcopal
Ademais, neste seu escrito Garzón vólvelle exixir á Igrexa, que colabore na identificación dos desaparecidos, despois de que a Conferencia Episcopal lle contestase ao xuíz, hai dúas semanas, que non é a institución competente para ofrecer estes datos.

Listado único de desaparecidos
Garzón pediulle tamén ás asociación da memoria histórica e de familiares de desaparecidos, que a semana pasada presentaron un censo don 143.353 nomes, que aporten, no prazo de sete días, unha "listaxe única" para que non existan "identidades repetidas". Transcorrido este prazo e "cumprido o requerimento", sinala o maxistrado, el mesmo resolverá se se declara competente ou non para investigar os feitos denunciados.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: