A decisión do BCE débese ao enfraquecemento da economía europea e a unha posíbel baixada da inflación.
O presidente do Banco Central Europeo, Jean-Claude Trichet, non descartou unha futura baixada dos tipos de xuro, polos indicadores que amosan unha diminución da inflación, ademais do enfraquecemento do crecemento económico. Porén, este xoves decidiu manter os tipos básicos ao 4,25% da zona euro, mentres que a facilidade marxinal de crédito tamén permanece no 5,25%.
O mesmo día, a Comisión Europea asegurou que non creará un fondo de rescate para os bancos da Unión. Si presentou un paquete de medidas para reforzar o control do sistema financeiro e asegurar a súa estabilidade.
Máis información: