Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
O apartado de Medicina feito público este luns

Os descubridores do virus do papiloma humano e do VIH reciben o Nobel

Harald zur Hausen, Françoise Barré-Sinoussi e Luc Montagnier compartirán os dez millóns de coroas suecas do galardón.

Redacción - 12:51 06/10/2008

O Instituto Karolinska anunciou este luns os gañadores do premio Nobel de Medicina 2008. O galardón irá para o alemán Harald zur Hausen, descubridor do virus do papiloma humano, e os franceses Françoise Barré-Sinoussi e Luc Montagnier, por descubriren o VIH.

Zur Hausen, nado en 1936, traballa no Centro de Investigación de Heidelberg. Pola súa banda, Barré-Sinoussi, nada en 1947, forma parte do departamento de Viroloxía do Instituto Pasteur de París, mentres que Montagnier, nado en 1932, traballa na Fundación Mundial para a Investigación e Prevención da Sida da capital francesa.

O premio está dotado cun total de 10 millóns de coroas suecas, arredor dun millón de euros, que se repartirán entre os galardoados.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: