Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Co deporte

Unha semana para activar os universitarios

Presentouse o programa 'Actívate' que percorrerá os campus do 13 ao 16 de outubro.

Redacción - 09:00 13/10/2008
Na presentación do programa, Elías Torres, Javier Rico e Xosé Luís Veiga

Na presentación do programa, Elías Torres, Javier Rico e Xosé Luís Veiga

O xerente da Fundación Deporte Galego (FDG), Javier Rico, o vicerreitor de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Elías J. Torres, e o coordinador de programación deportiva da USC, Xosé Luís Veiga, presentaron esta sexta feira o programa 'Actívate, semana do deporte e saúde na Universidade', encamiñado a "difundir, orientar e potenciar" a práctica deportiva entre os e as universitarias galegas.

Segundo contou Javier Rico, o proxecto 'Actívate' constará dunha xornada lúdico-divulgativa na que "se ofrecerá aos participantes a posibilidade de coñecer a súa actual condición física achegando solucións e consellos sobre os beneficios dunha práctica físico-deportiva saudábel de forma regular".

Por unha comunidade universitaria activa
As actividades do proxecto 'Actívate' estarán na USC os días 13, 14, 15 e 16 de outubro. O día 13 as actividades realizaranse no Edificio do COIE, no campus sur, de 9:00 a 15:00 horas. O día seguinte, terza feira 14, as actividades realizaranse na Facultade de Medicina, e a cuarta na Facultade de Económicas, ámbolos dous días cun horario ininterrompido de 11:00 a 17:00 horas. Finalmente, a quinta feira 16, as actividades realizaranse na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo.

Ademais de Compostela e Lugo, o proxecto 'Actívate' percorrerá, nas mesmas datas, os sete campus universitarios de Galiza (Vigo, A Coruña, Ferrol, Ourense e Pontevedra).


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: