A cantante, que se fixo famosa na década dos sesenta pola canción “Pata pata”, finou pouco despois de dar un concerto en Italia.
Logo dun concerto en Castel Volturno (Italia), vítima dunha crise cardíaca, finou Miriam Makeba, unha das principais voces africanas das últimas décadas. Makeba viña de participar nun acto contra a camorra e o racismo dedicado ao escritor Roberto Saviano.
Makeba, coñecida tamén como “Mamá África, naceu en Johannesburgo en 1932. Converteuse nun dos principais símbolos da loita contra o “apartheid”. Na década dos sesenta vese obrigada a coller o camiño do exilio pola súa oposición ao réximo racista do seu país. O seu exilio, que durará tres décadas, levouna a coñecer ao que sería o seu primeiro marido: Stokely Carmichael, dirixente dos Black Panthers