Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Comezará a funcionar en 2011

Espinosa afirma que a depuradora do Lagares vai ter un impacto ambiental e visual mínimo

A ministra de Medio Ambiente sinalou que o proxecto inclúe un programa de recuperación da xunqueira. A obra comezará o ano que vén.

Redacción - 18:30 17/11/2008
Caballero, Touriño e Espinosa, na mañá da segunda feira en Vigo

Caballero, Touriño e Espinosa, na mañá da segunda feira en Vigo

A ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, viaxou a Vigo para presentar o anteproxecto da nova depuradora do Lagares que, segundo revelou, vai ocupar "practicamente" a mesma superficie que a actual planta -6,7 hectáreas fronte ás 6 que ocupa agora-, e terá "máis capacidade", debido a que dispón da "última tecnoloxía".

"Mínima afección visual e ambiental"
Así describiu Espinosa a EDAR, que comezaría a se construír o ano que vén, e a funcionar en 2011. O custe total serían 235 millóns de euros (112 apórtaos o Ministerio, 73 a Xunta, e 18 o concello), pero, ademais do planta depuradora e de tratamento das augas, o proxecto incluiría a construción dun novo emisario submarino, unha nova acometida eléctrica de máis de tres quilómetros, unha zona de xardíns públicos e tres hectáreas de zona verde, ademais da recuperación da marisma do Lagares.

Segundo sinalou a ministra -que compareceu en Vigo, acompañada do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; do conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez; e o alcalde de Vigo, Abel Caballero-, a nova planta da EDAR terá unha altura máxima de 17 metros e unha capacidade para depurar as augas de 800 mil habitantes. Porén, a maior parte das instalación van ir soterradas -o tratamento primario e parte do secundario das augas farase por baixo da terra-, e vanse aproveitar unha serie de gases derivados do proceso para obter enerxía. En definitiva, a ministra de Medio Ambiente destacou que a nova EDAR do Lagares vai ser "máis eficiente, con menor consumo de enerxía e tecnoloxicamente máis limpa".

Polo seu lado, o presidente da Xunta sinalou que estas instalación supoñen "a máis moderna infraestrutura de saneamento acometida nunca en Galiza", e unha "solución óptima, de futuro e con mellor tecnoloxía". Asimesmo destacou a "mínima afección visual e ambiental", que uniu á posibilidade de recuperar a xunqueira do río Lagares.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Á chegada de Espinosa a Vigo, reuníndose coas autoridades
Á chegada de Espinosa a Vigo, reuníndose coas autoridades
Durante o acto de presentación do anteproxecto da EDAR, Abel Caballero, Emilio Pérez Touriño e Elena Espinosa
Durante o acto de presentación do anteproxecto da EDAR, Abel Caballero, Emilio Pérez Touriño e Elena Espinosa