Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ignoraron o dispositivo

Ninguén atendeu a alarma do GPS do asasino de Ponte Caldelas

A pulseira activouse, pero o aviso non foi xestionado pola Unidade Central de Vixilancia Electrónica, segundo admiten desde a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias.

Redacción - 09:00 02/12/2008

"Non foi atendido". Así o recoñecían este luns desde Institucións Penitenciarias, indicando que a pulseira con dispositivo de localización GPS que levaba Maximino Couto, o preso que presuntamente asasinou a súa noiva, Maria Rosario Peso, o sábado en Ponte Caldelas, funcionou correctamente. O problema: na suposta Unidade de Vixilancia ninguén atendeu a alarma xerada polo dispositivo electrónico.

Malia que nun primeiro momento trasladáraselle aos medios de comunicación que o tal dispositivo non funcionara, a investigación posterior revela que isto non foi así. Ás 16h36 do sábado, o emisor-receptor de Maximino Couto xerou "unha alarma que se recolleu inmediatamente a través dun sinal na Unidade Central". Desde a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias admiten a "responsabilidade" no sistema de seguimento e control dos presos a seu cargo e aseguran que se activaron todos os sistemas de control "ante a saíde de permiso do interno", pero recoñecen o fallo no control da alarma.

O dispositivo de vixilancia emite un potente sinal se o interno entra na zona de exclusión que ten previamente fixada ou se este tenta desprenderse del, como foi o caso. Maximino Couto tiña estabelecida un área de exclusión de 2.000 metros arredor da vivenda da súa ex parella. Segundo o protocolo fixado, os funcionarios de prisións deben alertar inmediatamente as forzas de seguridade en canto se recibe a alarma, cousa que non aconteceu.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: