A Asociación Dereito a Morrer Dignamente renderalle unha homenaxe no lugar onde tivo o accidente que o deixou terrapléxico.
A Asociación Dereito a Morrer Dignamente (DMD) convocou para o vindeiro domingo, 11 de xaneiro, a homenaxe que lle rende cada ano a Ramón Sampedro. O acto terá lugar á unha da tarde na praia das Furnas, no concello de Porto do Son, onde o tetrapléxico sufriu o accidente que o deixara na cama de por vida.
Neste 11 cabodano, haberá, novamente, unha lectura de poemas e unha ofrenda floral. Previamente, ás seis da tarde do sábado, terá lugar unha conferencia no centro de interpretación do Castro de Baroña, na capital sonense. Participarán o ex-coordinador de urxencias do Hospital Severo Ochoa, Luís Montes, e o presidente da asociación federal DMD, Fernando Marín.
Ramón Sampedro foi o primeiro cidadán no Estado Español que pediu a eutanasia activa e o dereito a decidir sobre a propia vida. Morreu en Boiro o 12 de xaneiro de 1998.