A retrospectiva que o festival dedicará ao cinema feito no noso país a partir do 16 de febreiro foi presentada este martes no Instituto Camões de Vigo.
Luis Bará (director xeral de Creación e Difusión Cultural), Samuel Rego (director do Instituto Camoes en Vigo) e Mário Durminsky (director de Fantasporto), presentaron este martes, na sede viguesa do Camoes a retrospectiva que o Festival de Cinema Fantástico de Porto lle dedicará na súa edición de 2009 ao cinema galego. Nesta programación especial, na que colabora a Axencia Audiovisual Galega, están incluídas seis longametraxes, tanto de ficción (Pradolongo, Pedro e o Capitán, A noite que deixou de chover... ) como documentais (Eloxio da distancia) como de animación (O espírito do bosque), e dez curtas. Poderán verse do 20 ao 28 de febreiro.
O festival, que ten o Teatro Rivoli de Porto como sede, comezará as súas proxeccións o 16 de febreiro e nesta edición homenaxeará ao cineasta portugués Fonseca e Costa. Entre os filmes que se poderán ver na cidade nesas datas destaca Adam Resurrected de Paul Schrader, Choke de Clark Gregg, Delta de Kornél Mundruczó ou Tokyo Gore Police de Yoshihio Nishimura.
Longametraxes
A Noite que Deixou de Chover - Alfonso Vilas Zarauza - 90 min
Eloxio da Distancia - Felipe Vega - 90 min
Espirito do Bosque - Juan Carlos Pena Babio - 80 min
Pedro e o Capitán - Pablo Iglésias Rendo - 90 min
Pradolongo - Ignacio Vilar Dias - 100 min
Rafael - Xavier Bermúdez Sanchez - 90 min
Curtametraxes
12007 - Diego Torres Frejeiro - 15 min
A Flor Mais Grande do Mundo - 10 min
A Meiga Chuchona - Pablo Millám - 7 min
A Revolta dos Mousses - David Alejandro Gen - 20 min
Auga - Xosé Antón Perozo Porteiro "Ozo" - 10 min
Cousas do Kulechov - Susana Rei Crespo - 21 min
O Cerco - Martiño Vazquez Baño - 10 min
O Hospital - Iván Seoane Romero - 18 min
O Pintor dos Ceos - Jorge Morais Valle - 25 min
Santiago de Sangue - Francisco Calvelo Moreira - 10 min