O programa radiofónico nocturno da Galega abre bitácora para agasallarnos cunha escolma de pezas humorísticas.
"O guionista en prácticas do Estamos en crise, entre ida e volta á cafetería a por cafés, entre visita e visita ao facebook, e entre pirateo de películas e pirateo de películas X, ten tempo de manipular declaracións de actualidade. O resultado é sorprendente, e terrorífico... e se un día collen e din o que ides escoitar? Perrooooo... un momento... non din cousas peores normalmente?".
Así nos achegan en formato blog o equipo de Estamos en Crise o seu "curso de manipulación radiofónica", primeira entrega. Fraga sae do armario e confesa o seu nacionalismo, Xosé Blanco revela o inconfesábel agasallo de Nadal que lle botaron os reis, os lados escuros de Quintana e Rajoy.