Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRÉDITOS E AXUDAS

O Goberno aproba 125 millóns máis para paliar a crise nas empresas

Ampliará en 100 millóns o orzamento do Igape e promoverá accións formativas en períodos de menor actividade en cinco sectores estratéxicos.

Redacción - 18:25 12/02/2009

O Goberno aprobou este xoves ampliar en 100 millóns de euros o orzamento do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Deste xeito, pretende proporcionar unha liña adicional de financiamento a través de préstamos para pequenas e medianas empresas que serán cubertos con recursos captados do mercado polo instituto.

Os préstamos pretenden facilitar a continuidade da actividade e o mantemento do emprego nas empresas. Será unha liña complementaria ás axudas que outorga en colaboración co Banco Europeo de Investimentos, co Instituto de Crédito Oficial e coas entidades financeiras.

Os 100 millóns de euros adicionais débense ao contexto de crise económica mundial e de restrición de crédito actual, que impide que empresas técnica e economicamente viábeis atopen financiamento.

Formación para sectores estratéxicos

Tamén se aprobou a primeira orde de axudas para paliar a crise en cinco sectores estratéxicos do país, froito dun acordo entre as organizacións que asinaron o Diálogo Social. Realizaranse plans extraordinarios de formación neses sectores: téxtil, alimentación, madeira, construción e metal, preferentemente automoción.

O investimento inicial para a convocatoria das actividades formativas será de 25 millóns de euros, e beneficiará arredor de 15 mil persoas traballadoras. A medida pretende que as empresas optimicen os períodos de menor carga de traballo para formar o seu persoal, e así evitar abrir expedientes de regulación de emprego (ERE). De feito, un dos requisitos básicos é que as compañías non presenten ERE para poder acceder ás axudas. Outro é que incorporen módulos relacionados coas tecnoloxías da información, a sensibilidade ambiental ou a saúde laboral.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: