O ministro considera que o modelo está case "pechado" pero indica que as eleccións condicionarán a xuntanza do Consello de Política Fiscal e Financeira.
En conferencia de prensa, Pedro Solbes apuntou este luns que o proceso electoral que actualmente vive Galiza pode verse afectado pola propia negociación do modelo de financiamento no conxunto do Estado. É por este motivo que chamou aos actores do debate sobre este modelo a "agardaren ao momento oportuno". Non é o caso de Euskadi, xa que na actualidade se rexe polo chamado Concerto Fiscal particular.
Na práctica, as principais forzas políticas en Galiza acoden de feito a esta cita coas urnas con propostas concretas e dispares ao respecto dese modelo de financiamento. Ao fío, asegrou o vicepresidente segundo e tamén ministro de Economía do executivo estatal que este tema que cualificou de "complexo" está "xa pechado" á falta apenas, subliñou, dalgúns "flocos". Nese sentido, o debate real no marco do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) "para poder tomar algunha decisión" fúrtase agora até a volta dos comicios.