Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
Unha sentenza obriga aos estados a informar da ubicación exacta das parcelas con OMXs

Golpe aos transxénicos do Tribunal de Xustiza Europeo

O Tribunal Europeo de Xustiza de Luxemburgo ven dar a razón ás organizacións ambientalistas e cidadás na súa loita contra cultivos transxénicos e polo dereito á información.

ADEGA - 11:11 18/02/2009
Tags:

ADEGA denunciou reiteradamente a opacidade, permisividade e escandalosa complicidade do estado español co lobby dos transxénicos, que establece atrancos á cidadanía para acceso á información sobre os "ensaios de liberación". Até o de agora, algúns estados negábanse a facer pública a ubicación das parcelas experimentais nas que as transnacionais dos OMXs "ensaiaban" os seus produtos, alegando que se "lesionaría a intimidade" das empresas e dos propietarios/as das terras. Resulta irónico que se vulnerara sistemáticamente o dereito á información e o Principio de Precaución, atendendo máis aos intereses privados das compañías que ao interese público de coñecer a localización duns produtos cuxa perigosidade ten sido repetidamente demostrada por numerosos estudos, denunciada por unha parte importante da comunidade científica e mesmo recoñecida por algúns países.

Dende ADEGA agardamos logo que o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño de quen depende a autorización para os ensaios dos novos "monstruiños" biotecnolóxicos nas nosas terras, acate a sentenza do Tribunal de Luxemburgo e cumprimente as reiteradas peticións de ADEGA sobre a localización exacta dos campos de experimentación en Galiza. As últimas peticións de ensaios por parte das empresas "fabricantes" de transxénicos localízanse nos concellos de Arzúa, Santa Uxía de Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada.

Convidamos á veciñanza destes concellos, asociacións e cidadanía en xeral a enviar masivamente novas solicitudes de informacion: temos dereito a saber onde e que se quere prantar na nosa terra para non ficar inermes fronte aos risco destes ensaios.

Ligazón á solicitude:
 http://www.adega.info/files/Transxenicos/Solicitude%20informacion%20TRANSX.doc

Por outra banda, ADEGA ven de asinar e aderirse á Declaración Estatal contra os Transxénicos que se fai pública este mércores 18, xunto coas principais organizacións ecoloxistas do estado, investigadores/as e docentes, para esixir democracia, precaución e respecto poa saúde e polo medio ambiente fronte aos organismos modificados xeneticamente (OMXs).

Ligazón á Declaración:
http://www.greenpeace.org/raw/content/espana/reports/declaraci-n-de-personalidades.pdf

Lista de asinantes:
http://www.greenpeace.org/raw/content/espana/reports/lista-de-firmantes-de-la-decla.pdf


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: