Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
LINGUA NA REDE

O galego non está de moda para o sector téxtil

As webs dos principais fabricantes do país, con escasas excepcións, seguen a ignorar o noso idioma.

Redacción - 10:00 14/03/2009

A pesar da súa importancia económica, as principais empresas do sector téxtil de Galiza víranlle as costas á nosa lingua nas súas páxinas web. A meirande parte delas son bilingües... en castelán e inglés. É o caso das páxinas de Adolfo Domínguez, Roberto Verino, Montoto e Kina Fernández.

Outro grupo é o que forman Purificación García e Toypes, que parecen limitar as súas webs ao público castelanfalante. Por outra banda, Florentino amplía o abano idiomático con castelán, inglés, francés e alemán. En ningún destes casos ten presenza a lingua do seu país de orixe.

Pero aínda queda un pequeno recanto da web que demostra que o galego tamén está de moda. Son as webs de Viriato (tamén en castelán) e a de Zara, unha das principais empresas do país, que inclúe o noso idioma xunto a outros once.

Os servizos de tradución automática permítennos ler en galego webs noutras linguas. Porén, nestes casos, resultan inservíbeis, dado que as páxinas relacionadas co mundo da moda, polo motivo que sexa, fan un uso extensivo da vistosa aínda que pesada tecnoloxía Flash fronte ao máis accesíbel HTML. A única excepción é a de Florentino.


4,55/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: