Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
I+D+i

Crean no Xapón roupa interior que non cheira

O astronauta Koichi Wakata está a probar na Estación Espacial Internacional uns calzóns especiais que non precisan cambiarse nunha semana.

Redacción - 17:00 25/03/2009
O astronauta Koichi Wakata / JAXA

O astronauta Koichi Wakata / JAXA

Un equipo xaponés inventou unha gama de prendas que non cheiran. O astronauta nipón Koichi Wakata, aloxado na Estación Espacial Internacional, está a probar uns calzóns inodoros denominados J-ware creados por expertas téxtiles da Universidade Feminina do Xapón, en Toquio.

Segundo Koji Yanagawa, voceiro da Axencia Espacial Xaponesa, "pode usar a roupa interior máis dunha semana". As prendas, desenvolvidas pola investigadora Yoshiko Taya, matan as bacterias, absorben a auga, illan o corpo e sécanse rápido. Tamén son resistentes ao lume e á electricidade estática, ao tempo que son cómodas e elegantes.

O astronauta Takao Doi xa probara a roupa durante unha misión no transbordador espacial o ano pasado. Mesmo despois dun vigoroso exercicio, as roupas de Doi mantivéronse secas. "Os outros astronautas suaron moito, pero el non. Non tivo nin que colgar a súa roupa a secar", asegurou Yanagawa.

Outra das vantaxes de J-ware é que reduce a cantidade de roupa que se ten que levar á estación espacial, onde non hai lavandaría. A axencia espacial do Xapón prevé facilitarlles as prendas á NASA e a outros socios da estación espacial cando se complete o desenvolvemento. Tamén pensa nun lanzamento comercial.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: