Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Política espacial

Xapón enviará robots bípedes á Lúa en 2020

Os avances da China neste eido e o lanzamento do satélite de Corea do Norte impulsan o Goberno a facer pública a iniciativa.

Redacción - 09:30 11/04/2009

A Axencia Espacial xaponesa comunicou a intención do Goberno de enviar un robot bípede á Lúa en 2020. Os detalles específicos da misión, incluídos o orzamento e as exixencias tecnolóxicas para o seu cumprimento, serán determinados nos próximos dous anos por un gabinete especial.

O desenvolvemento dun robot bípede lunar é parte dos novos e ambiciosos plans do país asiático que marcarán un novo rumbo na súa política do espazo. Nun segundo paso considerarase a posibilidade da exploración conxunta do satélite da Terra coa participación de robots e humanos.

A axencia xaponesa tamén recomendou a promoción da investigación en satélites militares, especialmente un sistema de alerta para a detección de lanzamentos de mísiles balísticos e tecnoloxía para detectar e analizar as ondas de radio enviadas no espazo.

Os avances de China e especialmente o lanzamento do satélite de Corea do Norte, que as autoridades xaponesas consideran que en realidade foi unha proba de mísiles de longo alcance, están detrás da publicación desta iniciativa.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: