Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aberta a convocatoria

Da insolidariedade ao sexismo: Premios 'sombra' ás pezas publicitarias máis agresivas

Ecoloxistas en Acción castiga, con estes galardóns, os anuncios máis insolidarios, consumistas, sexistas, xenófobos ou falsamente ecolóxicos.

Redacción - 09:00 11/04/2009
Cartaz dos Premios Sombra en 2008

Cartaz dos Premios Sombra en 2008

"Desde cando a alguén lle importa se es bela por dentro?". Velaí o lema co que unha coñecida marca automobilística anunciaba hai meses un dos seus vehículos. A peza foi merecedora en 2008 do reproche de Ecoloxistas en Acción en forma do premio "Floreiro", que apunta á publicidade que usa as mulleres "e tamén cada vez máis os homes" como obxectos sexuais "promovendo un modelo único de beleza e unha perigosa obsesión pola perfección estética".

Daquela, outra das pezas castigada polos ecoloxistas era doutra marca de coches, neste caso a dun vehículo de baixo consumo que, así e todo, era vendido pola empresa baixo o lema "Non te esforces". "Suxírelle ao cidadán que cumpriu coa súa participación na protección do contorno tan só adquirindo o modelo de coche anunciado", censuraron en 2008 os ambientalistas, outorgándolle o premio "Lavadora Verde".

Máis información, e lista completa de 2008 dos Premios Sombra na web do colectivo, a onde tamén poden enviar as súas suxestións para este 2009.


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: