Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No ano 2008 diagnosticáronse 83

A incidencia da sida estabilízase no noso país, con 50 casos por millón de persoas

Dende 1984, en Galiza detectóuselle a enfermidada a 3.766 persoas, e destas 2.085 faleceron a causa patoloxía. Porén, o noso país segue por baixo da media estatal.

Redacción - 14:50 09/04/2009
Flickr: fablibre

Flickr: fablibre

O número de casos de sida diagnosticados en Galiza durante o ano pasado ascenderon a 83, o que supón que a incidencia anual está "estabilizada", con menos de 50 casos por millóns de habitantes. Dende que se detectou a sida, en 1984, no noso país foron diagnosticadas 3.766 persoas, das que 2.085 morreron por causa da enfermidade.

Estes datos despréndense dun informe difundido esta quinta feira pola Consellaría de Sanidade, no que tamén se constata que o número de casos diagnosticados ao ano en Galiza comezou a descender en 1997. A baixada máis considerábel -un 40%- produciuse entre 1997 e 1998.

Galiza ocupa un lugar intermedio entre as Comunidades, cunha taxa de incidencia total situada por baixo da media total de todo o Estado.

Por sexos
No total acumulado de casos rexistrados constátase que o 77% correspóndelle aos homes. Ademais, a faixa de idades, no momento de lle dar o diagnóstico, é principalmente, a que corresponde á mocidade -o 69% dos casos sitúase entre os 25 e os 39 anos.

As prácticas de risco
No período entre 1984 e 2008, a práctica de risco que se asocia, maioritaria mente, á transmisión deste enfermidade no noso país é compartir material de inxección para a administración parenteral de drogas, que supón o 64% dos casos. No segundo posto atópanse as prácticas heterosexuais non protexidas, que representan o 21%, mentres que o 11% dos casos entre os homes débense a relacións homosexuais de risco.

Porén, hai que sinalar que no período comprendido entre os anos 2003 e 2008, o número de contaxios relacionados con compartir material de inxección foi diminuíndo, namentres aumentaban os casos de contaxio por relacións heterosexuais de risco.


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: