Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Sudáfrica

Zuma anticípase e celebra a vitoria nunhas eleccións nas que arrasou

O líder do Congreso Nacional Africano, o partido de Nelson Mandela, tería conseguido o 67% do apoio. Unha vitoria na que tivo que ver o pobo zulú.

Redacción - 09:00 24/04/2009
Votando

Votando

Milleiros de seguidores de Jacob Zuma, o líder do Congreso Nacional Africano (ANC, nas súas siglas en inglés) anticipáronse a celebrar a vitoria e acompañar o vindeiro presidente de Sudáfrica na súa primeira comparecencia pública após os comicios. Aínda que os datos finais do escrutinio non se coñecen -faranse públicos entre esta sexta feira e o sábado-, após o reconto de oito millóns e medio de votos, o partido de Zuma tiña o 67% do apoio nas eleccións xerais.

Se se confirmase a porcentaxe, este apoio nas urnas permitiríalle á ANC revalidar a maioría de dous terzos conseguida en 2004. Hai que ter en conta que a participación nestas eleccións foi a máis elevada -77%- dende a fin do Apartheid, en 1994.

Tamén segundo este primeiro reconto, os escindidos do Congreso do Pobo (COPE), obterían o 7,9% dos votos, e o principal partido da oposición, a Alianza Democrática, (DA), liderado pola alcaldesa de Cidade do Cabo, Helen Zille, volvería ocupar o seu posto, cunha cifra do 15% dos apoios. De gran importancia para o partido de Zille é o feito de ter rendibilizado ben o descontento da poboación coloured -raza mixta- do Cabo Occidental, a única provincia onde tiña posibilidades, e onde conseguiu o 50% dos votos, a falta do reconto final.

Este partido tamén conseguiu a maioría dos votos dos sudafricanos residentes no estranxeiro, na primeira vez que se lle permite votar á emigración.

A importancia da decisión do pobo zulú
Segundo os analistas, a etnia do líder do ANC, a zulú, foi fundamental na caída de votos do partido histórico zulú, o Inkatha Freedom Party (IFP), enfrontado, dende hai anos, á formación de Zuma. Este pasaría de ser o terceiro partido en número de votos en 2004, ao cuarto. Para os líderes de IFP, o ANC fixo campaña sucia, presentando a Zuma como herdeiro del mítico rei Shaka.

Máis información, nos xornais sudafricanos:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Dándolle un bico ao voto / Imaxe: BBC
Dándolle un bico ao voto / Imaxe: BBC
Jacob Zuma, antes de celebrar a vitoria
Jacob Zuma, antes de celebrar a vitoria
Unha imaxe da celebración dos partidarios do ANC
Unha imaxe da celebración dos partidarios do ANC
Zuma, subido ao escenario, celebrando a vitoria
Zuma, subido ao escenario, celebrando a vitoria