Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
IV Congreso Galego de Acción Voluntaria

É preciso un "cambio nos modelos" de cooperación e participación social

O filósofo Luis Aranguren inaugurou unha xuntanza, na que 1.400 asistentes descartaron que haxa unha "crise de voluntarios".

Redacción - 09:00 24/04/2009

A responsábel técnica do Fondo Galego de Cooperación, Mar Barreiro, descartou, esta quinta feira, que exista actualmente unha "crise de voluntarios" e considerou máis atinado apuntar cara a "un cambio nos modelos de participación e implicación da cidadanía" na sociedade. "Hai quen fala de que estamos nun momento de crise con respecto aos voluntarios, mais esta afirmación non é certa", asegurou Barreiro esta quinta feira, na inauguración en Compostela, do IV Congreso Galego de Acción Voluntaria.

A cooperación: un camiño moi longo
Así, considerou que, aínda a pesar da situación económica de crise, "a xente segue, dalgún xeito, implicándose" coa sociedade, xa non "dende a obriga", senón "dende a súa responsabilidade como persoas". Nesta liña, as conclusións do congreso confirman que "efectivamente, o labor das persoas voluntarias está a conseguir resultados positivos" e "axudando a transformar á sociedade".

"A cuestión é que o camiño non ten unha meta tanxíbel" indicou Barreiro "algo que poidas dicir: se rematamos isto, rematamos o noso labor", se non que é unha actividade "moi cíclica" e "un camiño moi longo".

Accións de inclusión, dedicadas a nenos e vellos
Entre as persoas que participaron esta quinta no Congreso de Acción Voluntaria, estivo o filósofo Luis Aranguren, que pronunciou a conferencia inaugural, titulada Acción voluntaria, acción transformadora'. Na súa intervención, Aranguren falou sobre os matices presentes na acción voluntaria, que transforman a sociedade actual "cara a unha sociedade máis solidaria". Nesta liña, o filósofo falou da "responsabilidade" de todos e cada un dos membros da sociedade para con ela", o que constitúe, segundo dixo, "o motor social" da engrenaxe colectiva.

Despois da conferencia inaugural, os asistentes ao congreso, uns 1.400 traballadores galegos do eido da cooperación, participaron en varias mesas redondas, e finalmente atenderon á proposta de varios proxectos de acción para Galiza, entre os que se atopaban, ademais e acción de autonomía persoal e dedicadas á infancia é a inclusión social, os referidos aos desenvolvemento de accións sociais cara a terceira idade, moi relacionados co panorama actual do traballo voluntario no noso país.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: