Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
VOLTA Á RIOXA

David García acada a segunda vitoria do Xacobeo

O de Marín fuxiu con outros cinco compañeiros que se disputaron ao sprint a carreira despois de 218 quilómetros nos que abondaron o frío, a choiva e a neve.

Redacción - 14:30 27/04/2009
David García durante a disputa da vitoria final en Logroño

David García durante a disputa da vitoria final en Logroño

David García semella o ciclista do Xacobeo Galicia que está comezando a tempada en mellor estado de forma, e o pasado domingo dou unha nova mostra na Rioxa, onde se impuxo no medio dunhas duras condicións climatolóxicas. O de Marín suma así a segunda vitoria da tempada despois de gañar neste mesmo mes unha etapa da Volta a Turquía e estar perto de impoñerse na clasificación xeral.


Tras pasar polo alto da Herrera, fíxose un grupo de fugados que rematou por reducirse a seis na última subida. Neste grupo estaban ciclistas de tanta calidade como Óscar Sevilla (Rock & Racing), David Arroyo (Caisse D´Epargne) ou Ametz Txurruka (Euskaltel Euskadi). Chegaron xuntos até o final da etapa, onde García impuxo a súa superioridade para sumar a segunda vitoria do ano.

Mosquera alónxase do Giro
Segundo indicou o director do Xacobeo, Álvaro Pino, a participación de Ezequiel Mosquera na vindeira edición do Giro d´Italia está "practicamente descartada". Malia que nun principio o problema derivado do accidente doméstico que sufrira o de Teo a semana pasada quedara diagnosticado como unha forte torcedura, a doenza revelouse agora máis grave.

Vendo que non remitían as dores nin a inflamación, os responsábeis do Xacobeo decidiron realizar unhas novas probas nas que se detectou unha pequena fisura no seu radio. Aínda que a doenza podería estar curada en dúas semanas, outro dos factores que xoga na contra de Mosquera é o feito de que a falta de adestramento específico neste tempo levaríao (no caso de recuperarse) ao Giro nun estado de forma moi por debaixo do que se planificara.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: