Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
NO FESTIVAL OLLINKAN

Suspenden o concerto de Budiño en México pola gripe do porco

O gaiteiro de Moaña ía actuar na capital do país os días 7, 8 e 9 de maio.

Redacción - 17:35 28/04/2009

Por mor da emerxencia sanitaria que vive México o Festival Ollinkan anunciou esta mañá que suspendía todos as súas actividades e concertos. Entre eles os tres que Xosé Manuel Budiño ía ofrecer os vindeiros 7, 8 e 9 de maio. O festival comezou o pasado 13 de abril e estaba previsto que chegase até o 10 de maio. Xosé Manuel Budiño é xa un habitual na súa programación e de feito o quinto corte do seu último álbum (Home) titúlase igual que o festival mexicano.

Ollin Kan é o encontro das 'culturas en resistencia' e reúne cada ano a artistas e grupos de ducias de países e nacións sen estado, principalmente do que podemos denominar 'world music'. Nesta edición 2009, na que Budiño ía actuar en dúas ocasións no escenario principal do evento, destacaba a participación de Ramiro Mussotto e Marcelo D2 (Brasil), Bonga (Angola), Pibo Márquez (Venezuela), Rassegna e Annie Ebrel (Francia) ou Ali Keita (Costa de Marfil).


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: