Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Escolma de queixas diarias

"Van pretender mañá que non lles poidamos falar aos fillos en galego?"

Nais e pais póñenlles rostro a milleiros de familias que ven imposibilitado o seu dereito a escolarizar as nenas en galego.

Redacción - 11:00 01/05/2009

Non son nin os casos máis graves nin os que máis chaman a atención, pero son bo exemplo das queixas que diariamente recibe a Mesa pola Normalización Lingüística ao respecto dos problemas que milleiros de nais e pais teñen no país para escolarizaren seus fillos en galego. O colectivo convocou un acto este xoves para ofrecer mostra da situación.

Carlos Outeiro, Ana Varela e Rosa Pena, que teñen nenas escolarizadas na Coruña e en Valdoviño, explicaron como ao matricularen á suá filla por primeira vez en educación infantil negóuselles a posibilidade de facelo en galego. "A escola e a familia forman parte dos escasos entornos nos que os nosos fillos e fillas teñen contacto coa súa lingua, se se lles nega a posibilidade de aprender en galego na escola, porque o profesor agora disque será ‘ibre de non usalo, mañá o que van pretender vai ser que non lles falemos aos nosos fillos na nosa lingua", laiouse Carlos Outeiro. Doutra banda, Rosa Pena compartiu a experiencia como nai de dúas nenas. A máis pequena, que aínda está no ensino obrigatorio, deixou de falar galego fóra da casa a raíz da súa escolarización, e só fala galego coa familia e nas clases deste idioma

Consideran desde a Mesa que son exemplos da situación enfrontada polo 90% das nais e pais que queren escolarizar seus fillos en galego. Ademais, no mesmo acto, denunciouse o caso dun centro escolar coruñés onde se mparte a materia de Coñecemento do Medio co libro editado para Castela e León para non empregar material en galego. Tamén o feito de que a propia Xunta envíe materiais en castelán para asignaturas que son de obrigada impartición en galego incluso desde antes do decreto 124/2007.


Ligazóns

5/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: