Todos os partidos da vindeira xornada comezarán recordando ás dúas adolescentes falecidas este domingo nun accidente de tráfico, en Compostela.
O mundo do voleibol está de loito estes días
A Federación Española de Voleibol (RFEVB) anunciou que as competicións da vindeira xornada comezarán cun minuto de silencio en recordo de Iris Aries e Aída Cela, as dúas rapazas do Emevé Laboratorios Nupel falecidas o pasado domingo nun accidente de tráfico. O sinistro produciuse ao mediodía, nunha rotonda próxima ao aeroporto, cando as mozas do equipo lugués volvían de Canarias, onde remataron subcampioas estatais da súa categoría.
Ademais, no accidente resultaron feridas outras cinco mozas que permanecen ingresadas no Hospital Clínico de Santiago, con lesións de diferente gravidade. Dúas delas están ingresadas na UCI e mentres unha está estable a outra evoluciona favorablemente. Outras tres mozas continúan ingresadas no hospital compostelán con lesións de menor gravidade.