Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Seis millóns para incentivar o mercado

Feijoo anuncia un plan de axudas para mercar automóbiles que van dos 500 aos 1.500 euros

O presidente galego reuniuse co Clúster da Automoción, e presentou este sistema que, segundo dixo, supón un 40% máis que as subvencións do goberno español.

Redacción - 14:00 18/05/2009

O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijoo, anunciou esta segunda feira que a Xunta vai destinar seis millóns de euros ao seu plan de axudas para incentivar a compra de vehículos, con aportacións que oscilarán entre os 500 e os 1.500 euros.

En declaracións aos medios de comunicación tras manter unha xuntanza en Vigo con integrantes do Clúster de Empresas de Automoción de Galiza (Ceaga), Feijoo explicou que o plan do Goberno, que entra xa en vigor, busca "adaptarse" á oferta de vehículos que se fabrican no país, mais precisou que non vai haber "discriminación de marcas".

Un 40% para os turismos, e o triplo nos vehículos industriais
Para vehículos de menos de 10 mil euros as axudas serán de 500 euros, e ascenderán a 700 euros para os valorados entre 10 mil e 27 mil euros. Pola súa parte, para os industriais lixeiros, de até 3,5 toneladas, percibirán entre mil e 1.500 euros. Estas axudas supoñen, segundo explicou Feijoo, para un turismo "un 40% máis" que as axudas do goberno español, e no caso dos vehículos industriais, "triplícanse", sinalou.

Poderán recibir as axudas autónomos, pemes e microempresas, dando prioridade aos sectores especialmente afectados pola crise, coma o téxtil, automoción, pedra ornamental e agroindustria. Os beneficiarios destas axudas terán que entregar os vehículos usados, con máis de 10 anos ou máis de 250 mil quilómetros.


2,4/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: