Trinta monumentos e espazos naturais de todo o planeta competirán do 22 ao 30 de xuño en Sevilla por acadar o recoñecemento.
O proceso de designación da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade é unha carreira de obstáculos, unha sucesión de fases e crebas que o faro romano debe ir superando para acadar o seu obxectivo. Son trinta as solicitudes que o Comité do Patrimonio Mundial examinará do 22 ao 30 de xuño na 33ª reunión, que terá lugar en Sevilla. Na actualidade a lista comprende 878 sitios de "valor universal excepcional" ubicados en 145 Estados. Á hora de seleccionar as candidaturas a UNESCO dálle prioridade aos Estados con ningún ou con menos de tres bens inscritos na Lista de Patrimonio Mundial e tamén as candidaturas de patrimonio natural ou mixto. Por esta razón, a selección das candidaturas do Estado Español constitúe sempre un reto, posto que España é, cun total de 40 sitios inscritos, o segundo territorio en número de bens declarados.
Sitios naturais propostos:
Mar de Wadden (Alemaña e Holanda).
Os Dolomitas (Italia).
Parque Natural das Columnas do Río Lena (Rusia).
Parque Natural do Arrecife de Tubbataha (Filipinas).
Litoral coreano dos dinosauros do Cretácico (Corea).
Sitios culturais propostos:
Schwetzingen - Residencia estival do Príncipe Elector (Alemaña).
Obra arquitectónica e urbanística de Le Corbusier (Alemaña, Arxentina, Bélxica, Francia, Xapón e Suíza).
Centro histórico da cidade de Graz e palacio de Eggenberg (Austria).
Patrimonio material relixioso de Santa Eufrosina de Polotsk (Bielorusia).
Palacio Stoclet (Bélxica).
Zona cultural da cidade histórica de Jajce (Bosnia e Herzegovina).
A Rota do Ouro en Paraty e a súa paisaxe (Brasil).
Ruinas de Loropeni (Burkina Faso).
A "Cidade Velha", centro histórico de Ribeira Grande (Cabo Verde).
Monumentos históricos do Monte Songshan (China).
A cidade histórica de Grand-Bassam (Costa de Marfín).
LevoÄ?a e obras do Maestro Pablo en Spiš (Eslovaquia).
O binomio mercurio-plata no Camiño Real Intercontinental - Almadén, Idrija e San Luis Potosí (Eslovenia, España e México).
A Torre de Hércules (Galiza).
Rexión de Causses e macizo de Cévennes (Francia).
Da gran salina de Salins-les-Bains á Salina Real de Arc-et-Senans (Francia).
Sistema hidráulico histórico de Shushtar (Irán).
Porta de tres arcos de Dan (Israel).
"Italia Langobardorum" (Italia).
Montaña sagrada de Sulamain-Too (Kirguistán).
Mehrgarh, Rehman Dheri e Harappa (Pakistán).
Cidade sagrada de Caral-Supe (Perú).
Acueduto e canal de Pontcysyllte (Reino Unido).
Centros da Gran Moravia: asentamiento fortificado eslavo de MikulÄ?ice e igrexa de Santa Margarita de Antioquía en KopÄ?any (República Checa e Eslovaquia).
Tumbas reais da dinastía Joseon (Corea).
Igrexa da Resurrección do Mosteiro de SuceviÅ£a (Romanía).
Seruwila Mangala Raja Maha Viharaya (Sri Lanka).
Granxas e aldeas de Hälsingland (Suecia).
La Chaux-de-Fonds / Le Locle (Suíza).
Sitios mixtos propostos:
Monte Wutai (China).
Parque Natural de Lonjsko Polje (Croacia).
Paisaxe cultural Orheuil Vechi (Moldavia).