A Marcha Mundial das Mulleres fai balance da campaña "En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública" e convoca unha concentración cidadá.
Este domingo a Praza da Quintana, en Santiago de Compostela, acolle desde as 11 horas o acto co que conclúe a primeira fase da campaña organizada pola Marcha Mundial das Mulleres baixo o lema "En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública!". Un Maio Reivindicativo que estará acompañado de flores, música e poesía.
A plataforma fixo balance este venres das actividades realizadas até o de agora, cualificando de "moi positiva" a alta participación e apoio social recibidos. "Temos neste momento mais de 1000 sinaturas individuais e por volta de 30 colectivos e organizacións adheridos á campaña, e a participación nas 9 palestras que foron organizadas nas diferentes localidades foi tamén moi enriquecedora e gratificante", expuxeron. Explicaron ademais que na actualidade continúan o apoio a dúas iniciativas de ámbito estatal a prol da legalización do aborto: "Nosotras decidimos" e "Mujeres ante el Congreso".
Debate e reflexión social "necesarias"
Destacan as convocantes os obxectivos de propiciar o debate e a reflexión da cidadanía cos que nace o proxecto, en defensa do dereito das mulleres a tomaren "as súas propias decisións", o dereito a saúde e o dereito a liberdade sexual "e por outro lado sumar forzas e compartir estratexias colectivamente" en base os seis puntos reivindicativos: