 
A iniciativa, polo momento para un só xogador, está baseada no tradicional xogo da oca, con diversos desafíos.
 
											Taboleiro do Xogo da Curuxa
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) puxo na rede un novo xogo, que se suma aos xa existentes Trivial.gz e Letrad@s.gz. Trátase do Xogo da Curuxa, un divertimento baseado no Xogo da Oca e que, polo momento, permite practicar partidas individuais, mais axiña será tamén multixogador a través da rede.
O xogo en liña consiste en lanzar o dado e ir movendo a ficha ao longo dun taboleiro virtual en espiral formado por diferentes cadros. Algunhas desas casas teñen asociadas accións especiais como bonificacións ou castigos. A diferenza do xogo de mesa, cando o xogador ou xogadora cae nun cadro terá que superar unha proba para poder nel ou evitar un castigo.
Para gañar a partida é preciso chegar até o último cadro e superar a súa proba. Dende a AS-PG confían en mellorar esta versión monousuario de cara a que, a comezos do verán, se poida participar na versión final, de varios xogadores.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto