Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aeronave desaparecida

Atopan no Atlántico restos que poderían ser do avión de Air France

Segundo informou a Forza Aérea do Brasil, atopáronse pezas de metal e o que parecían asentos a 650 quilómetros das illas de Fernando de Noronha.

Redacción / EP - 17:40 02/06/2009

A Forza Aérea brasileira avistou restos de metal e do que poderían ser asentos dun avión a máis de 650 quilómetros do arquipélago de Fernando de Noronha, ao noroeste do Brasil. Aínda que non se confirmou, estes restos poderían ser os do avión de Air France que cubría a ruta Rio de Janeiro-París e que desapareceu este luns.

Segundo un voceiro da Forza Aérea, Jorge Amaral, os restos apareceron pasadas a unha da madrugada (seis da madrugada en Galiza). Os avións do Exército tamén avistaron manchas de combustíbel nesta zona do océano. As autoridades brasileiras tamén informaron do achado dun posíbel foco de incendio no medio do Atlántico que estaba a investigar por se fosen os restos do avión de Air France, desaparecido con 228 persoas a bordo.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: