Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ANTE POSÍBEIS MALENTENDIDOS

Entidades que traballan con inmigrantes defenden a legalidade das súas prácticas

Presentaron un comunicado no que rexeitan calquera acusación de que no desenvolvemento do seu traballo incorran en irregularidades.

Redacción - 11:15 14/06/2009
Estes colectivos defenden a legalidade das súas prácticas no apoio dos inmigrantes

Estes colectivos defenden a legalidade das súas prácticas no apoio dos inmigrantes

Logo de que nos últimos meses os medios recollesen informacións vencelladas con supostas irrgularidades por parte dalgún sindicato ou organización que traballa con inmigrantes (como acontecía hai uns días coa CIG e hai uns meses con CCOO), este colectivo arreponse contra este tipo de prácticas. En concreto, son a Federación de Asociacións Veciñais "Eduardo Chao" de Vigo (FAVEC), Galicia Acolle e o Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (Igaxés-3), quen fixo público un comunicado no que defenden a legalidade na que desenvolven as súas actividades.

Así, no escrito rexeitan "calquera declaración ou manifestación pública que afirme ou insinúe que as organizacións de apoio á poboación de orixe estranxeira en situación administrativa irregular en ocasións recorren a prácticas ilícitas para o desenvolvemento do seu traballo diario".

Limitacións da lexislación
Estes colectivos engaden, non obstante, que do mesmo xeito queren "manter unha actitude crítica e propositiva ante as limitacións da propia lexislación vixente". De todos os xeitos, aseguran que entenden que a súa actividade "debe ser canalizada a través dos cauces de participación política e cidadá que determina a lei". Así as cousas, tamén queren expresar o seu apoio "a calquera persoa ou colectivo que no exercicio dos principios de solidariedade e de defensa dos Dereitos Humanos actúe en beneficio de quen se atope en situación vulnerábel".


Ligazóns

1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: