Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O SECTOR LEITEIRO SAE A RÚA

Rematada a tractorada nacional, os gandeiros fanse fortes en Compostela

Centos de tractores colapsan a capital do país e ameazan con permanecer na cidade até o venres se non son recibidos polo Goberno. Vídeo da tratorada no interior.

R.V (texto)/ Isabel G.Couso (vídeo) - 20:15 17/06/2009
A tractorada pasando ao carón da muralla, en Lugo

A tractorada pasando ao carón da muralla, en Lugo

Se alguén dubidaba de que o sector leiteiro sofre un verdadeiro drama polos baixos prezos, este mércores quedou ben clara a situación extrema pola que pasan milleiros de familias no país. Nas cidades volveron ruxir uns motores que se negan a apagar. A pesar de que só o Sindicato Labrego Galego e unha colectivo con poucos meses de vida (Gandeiros Unidos) convocaron a protesta, máis dun milleiro de tratores saíron ás rúas.

A concentración máis numerosa foi a da capital de Galiza. Até Compostela chegaron 600 tractores procedentes fundamentalmente das bisbarras de Xallas, Ordes, Deza e Tabeirós. Vixiados por numerosos axentes da Garda Civil, os gandeiros comezaron a chegar a Santiago a mediamañá e, logo de concentrarse en Salgueiriños, pola tarde comezaron unha marcha pola cidade que está a poñer en xaque o tráfico viario.

Pasadas as 20 horas, centos de tractores circulaban aínda polo centro de Compostela. A asociación Gandeiros Unidos, criticou a actitude dos demais sindicatos e anunciou que non van abandonar a capital de Galiza ata ser recibidos por algún alto cargo da Consellaría de Medio Rural. Segundo manifestou un dos dirixentes de Gandeiros Unidos, Xosé Agra, están dispostos a permanecer acantonados en Salgueiriños ata seren recibidos na Xunta.

O SLG calcula que o número de tractores que participaron nas outras concentracións foi o seguinte: Lugo (200); A Coruña (200); Chantada (40); Vimianzo (40); Ferrol (40) e Ribadeo (40). Nestas localidades, os tractores comezaron a retirada a primeira hora da tarde. Na Coruña, as forzas de seguridade impediron a entrada dos vehículos pesados no centro urbano.


4,8/5 (20 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: