Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE DO SECTOR LEITEIRO

Centos de tractores colapsan Compostela por segundo día consecutivo

Agárdase que os gandeiros desconvoquen este mesmo xoves a mobilización con tractores. O venres as protestas concentraranse diante dos centros comerciais.

Redacción - 18:30 18/06/2009

Os tractores volveron saír á rúa este xoves. Ás 16 horas, partiu de Salgueiriños o primeiro grupo de tractores en dirección ao centro da cidade. A segunda xornada consecutiva de mobilizacións está convocada unilateralmente pola asociación Gandeiros Unidos e redúcese á capital do país. Na mesma participan perto dun milleiro de tractores. Segundo Xosé Agra, líder de Gandeiros Unidos, é moi probábel que contra o remate da tarde os produtores decidan abandonar a concentración en Compostela e regresar ás súas comarcas de orixe (Xallas, Ordes, Deza e Tabeirós).

Este venres, os tres sindicatos maioritarios no agro galego (Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego) teñen previsto concentrarse á porta de grandes superficies comerciais que venden leite foráneo a baixo coste. O colectivo Gandeiros Unidos aínda non ten decidido se se vai sumar a estas propostas.

Pola súa parte, o Sindicato Labrego, que participou na tractorada nacional do mércores, fixo pública unha nota agradecendo a solidariedade dos cidadáns coas mobilizacións. Membros desta organización tamén participaron este xoves nunha protesta en Bruxelas. Máis de 700 tractores alemáns e franceses saíron á rúa para reivindiar prezos dignos para o leite.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: