Na Estrada Son do Galpóm e os Tres Trebóns poránlle a banda sonora á rapa; e en Teo e Malpica haberá música sábado e domingo.
Fin de semana de música de norte a sur do país, tanto de artistas de fóra como galegos, pero cunha ampla representación dos nosos artistas. Na Coruña, este venreschega Yann Tiersen, cunha traxectoria moi ampla, pero coñecido polo gran público, principalmente, despois de encargarse da banda sonora do filme Amelie. No sur, en Vigo, é a quenda dos sons nostálxicos, do 'Vigo Ye-Ye' que recuperará o protagonismo cun gran concerto no Centro Cultural Caixanova no que intervirán Carlos Mateo, La Comisaría, Los Condors, Los German's, Los Golpes, Los Lejanos, Los Stags, Los Temples, Los Watios e Los Zuecos.
Tamén este venres comezou en Malpica o FM Music Festival, que continuará o sábado á noite; actuarán, entre outros grupos, 6pm, Combo Dinamo, Juan Miragaya, O Raio Púrpura, Roi, Pülsar, Bang 74 ou Colectivo Oruga. En Teo o festival chámase 'Música na Noite' e celébrase no Campo de Calo. O venres será o momento do rock galego, representado por Medomedá, Ruxe-Ruxe e Galegoz, mentres que este sábado o protagonismo é para o folk do país, da man de Leilía e Banda, Alvariza e Fía na Roca.
Finalmente, o domingo chegará o V Festival Rapa das Bestas, que reunirá na Estrada a Chiquilicuatres, Som do Galpom e Tres Trebóns.