Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo de perder os comicios en Toquio

O primeiro ministro xaponés convoca eleccións anticipadas para o 30 de agosto

A a votación deste domingo na capital era considerada un avance do que podería pasar na cita estatal coas urnas.

Redacción - 09:00 13/07/2009

En menos de dez días, o próximo 21 de xullo, quedará disolta a cámara baixa do Xapón e serán convocadas eleccións xerais para o vindeiro 30 de agosto.

Así o está difundindo a prensa xaponesa, facéndose eco do acordo do actual primeiro ministro, Taro Aso, coa súa formación, o Partido Democrático Liberal (PDL), e mais os socios de goberno. Unha decisión que está directamente vencellada coa derrota sufrida nas eleccións locais deste domingo na capital, Toquio, onde os líderes da oposición, Partido Democrático (PDX) apañaron un total de 54 asentos por 38 do PDL. A presión sobre o primeiro ministro mesmo o apartaría do liderado da súa formación cara á próxima cita coas urnas.

Última hora na prensa xaponesa:


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: