Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Dous camións parados

Novas concentracións ante as obras de Massó para impedir o paso de camións

Esta cuarta feira ás 17.00 horas está prevista unha concentración fronte ao Concello, onde haberá unha xuntanza entre a Confraría e o Goberno.

Redacción - 14:00 22/07/2009
Cargas da Garda Civil, o luns

Cargas da Garda Civil, o luns

Varias ducias de membros do Foro Social de Cangas e doutros colectivos contrarios á construción do porto deportivo de Massó concéntranse dende as 8.00 horas desta cuarta feira fronte ás obras da infraestrutura, para impedir o paso de camións.

Segundo explicou o voceiro do Foro, Tiago Pérez, as mobilizacións continuarán, tal e como se decidiu na última asemblea desta plataforma, este martes á tarde, embora as cargas da Garda Civil, que ademais detiveron 16 persoas hai dous días, e as imputacións.

Á última hora da mañá desta cuarta había dous camións parados. Tiago Pérez confirmou que, polo momento, non había presenza policial.

Ademais, informou de que está prevista unha concentración fronte ao Concello, ás 17.00 horas, onde haberá unha xuntanza entre representantes da Confraría de Pescadores de Cangas e os voceiros dos grupos do Goberno municipal (BNG, PSdeG e Alternativa Canguesa de Esquerdas).


5/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: