Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
RECONTO

Os resultados da enquisa sobre o galego coñeceranse en poucos días

Logo de asinar un convenio para promover a investigación científica sobre a lingua, Anxo Lorenzo confirmou que en breve se fará pública a conclusión da consulta aos pais.

Redacción - 17:00 23/07/2009

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, confirmou este xoves que "en breve" se darán a coñecer os resultados do proceso de consulta aos pais sobre o uso do idioma nas aulas. Segundo as últimas declaracións sobre este tema dos diferentes responsábeis do goberno, no prazo máximo de oito días ofrecerase o balance e a conclusión da enquisa. Lorenzo asegurou que descoñece en que estado se atopa o reconto, mais referiuse ás palabras do conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, quen asegurara que o proceso remataría pronto. Neste sentido, o presidente da Xunta, Núñez Feijoo, tamén asegurou a pasada semana que o seu compromiso é ofrecer os resultados "antes de que remate o mes".

O galego e a investigación científica
O responsábel de Política Lingüística fixo estas declaracións logo da sinatura dun convenio coa Universidade de Santiago que se marca o obxectivo de impulsar a investigación científica sobre o galego a través do Instituto de Lingua Galega (ILG).

A través deste acordo, a Xunta achega axudas destinadas a avanzar en distintos traballos que xa está a desenvolver o ILG, como a continuación do Atlas Lingüístico Galego (ALGa), unha base de datos lexicográfica, o mantemento do Tesouro Informatizado da Lingua Galega e do Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega, traballos relacionados co Corpus Romance da Galiza Medieval e mais co proxecto do Arquivo do Galego Oral.


Ligazóns

1/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: