Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MINISTERIO DE MEDIO RURAL

Espinosa quixera botar unha man ao sector lácteo, mais di que non pode

Nunha entrevista radiofónica, a ministra recorda que as competencias lle corresponden á Xunta e celebra o acordo asinado a pasada semana entre industria, produtores e distribución.

Redacción - 11:00 27/07/2009

"As competencias de gandaría e agricultura son da Xunta", algo que "calquera persoa pode comprobar lendo o Estatuto de Autonomía", dixo Elena Espinosa, a ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) nunha entrevista en Radio Nacional de España (RNE). Deste xeito, explicou a galega que non se adopten máis medidas para paliar a crise do sector lácteo dende o seu departamento, malia recoñecer que lle gustaría "botar un cabo" aos gandeiros galegos.

Acordo do leite e plan estratéxico
A ministra felicitouse do acordo asinado a pasada semana entre a industria, os produtores e a distribución, que entende que abre un "futuro esperanzador" para o sector. Con todo, subliñou que atendendo á lexislación non se pode fixar un prezo mínimo, tal e como piden os sindicatos. Pola contra, defendeu o estabelecemento de "prezos de referencia", unha medida que considerou parella ás tomadas noutros países europeos.

Logo de que a Xunta anunciase a posta en marcha dun Plan Estratéxico para o Sector Lácteo, a titular do goberno español tamén adiantou unha medida similar a nivel estatal. "Imos pór enriba da mesa 70 millóns de euros ao ano", asegurou ao tempo que subliñou que se elaborará un plan estratéxico estatal que se prolongará até o ano 2015. "Nesta data executarase a eliminación das cotas", recordou, polo que "son necesarias medidas para preparar ao sector".


Ligazóns

5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: