Achegámoslles a carta íntegra, asinada por 55 persoas que traballan nos CFR: 
  
  
   "Os/as asinantes, profesionais que prestan os seus servizos nos Centros de Formación e Recursos (CFR) de Galicia queren facer público o seu malestar polos comentarios vertidos polo chamado Movemento pola Igualdade no Emprego Público no xornal “La Voz de Galicia” do día 17 de xullo nun artigo titulado “Educación supera ya el centenar de asesores, la mayoría elegidos a dedo” que, lonxe de ser informativos   aportan datos  erróneos, amosan unha visión tendenciosa   e prexudican ao sistema educativo. 
  
  Co obxectivo de dar unha información máis exacta da  realidade, maniféstase que: 
  
  - O 	artigo fai referencia a unha suposta categoría de “asesores” 	sen diferenciar colectivos que, aínda que posúen ese nome, non 	teñen as mesmas funcións, retribucións, xornada de traballo nin o 	mesmo proceso de selección ou nomeamento. Por esta razón cómpre 	precisar a realidade do colectivo de persoas asesoras de formación 	da Consellería de Educación. 
- Os 	Centros de Formación son centros  que prestan un servizo de apoio 	ao profesorado dende o ano 1992, ofrecéndolles  formación,  	información  e axuda ao longo de todo o curso escolar. Polo tanto 	estes centros concíbense pola consellería de Educación como unha 	necesidade dentro do sistema educativo. 
- As 	persoas que ocupan postos nas asesorías  e direccións dos CFRs 	accederon a eles mediante unha convocatoria publicada no DOG , con 	presentación de proxecto e de méritos e seleccionadas en concurso 	público por unha comisión contemplada nas ordes que desenvolven o 	Decreto 99 de 2006, o último que regula os CFR. A estas praza 	pódese presentar calquera docente que cumpra os requisitos da 	convocatoria. 
- Nos 	países europeos e nas comunidades autónomas existen centros ou 	institucións de formación permanente do profesorado, sendo Galicia 	a comunidade autónoma que ten unha rede proporcionalmente menor en 	número de centros e persoas asesoras. A Consellería de educación 	reducirá no próximo curso os cadros de persoal dos mesmos, o que 	repercutirá significativamente nun servizo tan importante de apoio 	aos centros como é o da Formación Permanente.  	 
- Debido 	ao horario de traballo e ao calendario anual dos docentes dos CFR 	fai moitas veces dificil conseguir persoas candidatas a estes 	postos. 
- Dadas 	as características das súas funcións, estas non podería ser 	desenvolvidas por persoal administrativo, porque o seu labor 	consiste no asesoramento a centros e ao profesorado. 
- A 	política de austeridade non debería minguar a calidade do sistema 	educativo, pola contra debe garantir os servizos que son esenciais 	para a sociedade".