Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Piden explicacións polo atraso

A Mesa calcula un gasto de 400 mil euros na enquisa da lingua

O colectivo pregunta o por que "da tardanza de cinco semanas en saber os índices de participación", que roldou o 57% das familias.

Europa Press - 09:30 30/07/2009

A Mesa pola Normalización Lingüística estimou en "perto de 400 mil euros" o gasto da Consellaría de Educación no proceso de consulta aos pais sobre o idioma nas aulas, ademais de esixirlle ao seu titular, Xesús Vázquez Abad, que explique a razón "da tardanza de cinco semanas en saber os índices de participación", que roldou o 57% das familias.

O presidente da entidade, Carlos Callón, e o seu vicepresidente, Fran Rei, entregaron este mércores no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia un escrito no que a asociación insta a Educación a aplicar medidas para que neste curso escolar se cumpra o decreto --do uso do galego nas aulas-- en vigor", e reclama "que se informe á opinión pública de todos os interrogantes de escurantismo e fraude sobre a pseudo consulta educativa". "Entregamos este escrito non solicitando información para A Mesa, senón para toda a opinión pública, porque a transparencia e a información veraz é unha das primeiras obrigas de todo gobernante serio", sinalou Callón.

Así, o responsábel da Mesa acusou aXunta de "malgastar" 400 mil euros no devandito proceso "tras admitir --a Consellaría-- que se contratou dúas empresas externas" para levalo a cabo e que, na súa opinión, "duplica" o seu custo. Por iso, a asociación impulsou este escrito co obxectivo de que "se esclarezan" as razóns das devanditas contratacións; para que "se dean garantías" do reconto de datos; e do motivo de "non informar a opinión pública" sobre iso.


4,64/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: