Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións

Xapón vota con prognóstico de cambio histórico

Xornada electoral coas sondaxes predicindo que o Partido Democrático mudará o máis de medio século do Partido Liberal Democrático no poder.

Redacción - 11:00 30/08/2009

Hai apenas uns días que se coñeceron inéditas taxas de desemprego no país, aínda que a recente publicación do crecemento do Produto Interior Bruto no segundo trimestre, cun incremento do 3,7%, aventura a recuperación da economía xaponesa. Con todo, nin uns nin outros indicadores semellan cambiar as cifras dos prognósticos nos que desde hai tempo coinciden as sondaxes.

Así, o conservador Partido Liberal Democrático (PLD), encabezado polo actual primeiro ministro, Taro Aso, parece encamiñarse a unha derrota histórica, logo de case sesenta anos pilotando Xapón. O voto de castigo que os analistas agoiran para o PLD vai ser colleitado da outra banda en forma de apoios polo centrista Partido Democrático (PD), que abrolla como case seguro vencedor destes comicios. As enquisas mesmo indican unha posíbel maioría absoluta para o PD na Cámara Baixa, con máis de dous terzos dos 480 asentos. Algo máis de cen millóns de electores terán a decisión final nas súas mans. O PD xa controla o Senado desde o verán de 2007 e agora, froito dos resultados da votación deste domingo, podería colocar a Yukio Hatoyama no cargo de primeiro ministro.

Para ampliar:


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: